É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másAugas de Galicia controlará os verquidos aos ríos con 39 estacións que avisarán cando o índice de contaminación aumente
Augas de Galicia levará a cabo a implantación dunha rede de calidade de augas e control de vertidos ao dominio público hidráulico denominada Rede Cave mediante a instalación de 39 estacións de control. Ditas actuacións contarán cun investimento de máis de 1,3 millóns de euros por parte do Goberno Galego.
Este mecanismo de control de calidade en tempo real é pioneiro no ámbito territorial de Galicia – Costa, xa que ata o momento non se dispuña de ningún sistema que permitira detectar variacións nos parámetros de calidade das augas continentais da rede fluvial.
As estacións da Rede Cave poñeranse en marcha nas bacías dos río Anllóns, Belelle, Eume, Grande, Lagares, Landro, Lérez, Mándeo, Masma, Mero, Mera, Ouro, Sar, Sor, Tambre, Ulla, Umia, Verdugo, Xallas e Xubia.
Na actualidade, a empresa adxudicataria do contrato está a realizar as inspeccións precisas para determinar o lugar máis axeitado para a instalación das estacións, comprobando que as localizacións permiten acadar os obxectivos definidos e se cumpren todos os condicionantes impostos como a accesibilidade, a disposición de insolación suficiente ou a boa cobertura para a transmisión de datos.
Áxil identificación de vertidos
Este sistema de estacións de control dispón de sondas que realizan cada 10 minutos a medición de parámetros de calidade do medio receptor, remitindo os datos capturados ao Centro de Procesado de Datos (CPD) instalado en Augas de Galicia. Neste centro realízase a validación e análise dos datos obtidos, sendo tamén rexistrados co fin de levar un control no tempo das posibles variacións na calidade. No caso de que o valor dalgún dos parámetros medidos supere ao legalmente permitido, o centro de datos emite inmediatamente unha alerta de incumprimento, podendo detectarse posibles vertidos sen depurar ao dominio público hidráulico. O tempo transcorrido dende a comunicación da incidencia ata a resposta técnica por parte da empresa responsable deberá ser sempre inferior a dúas horas.