Case vinte anos levan Circle facturando discos dende Finlandia, lonxe quedan xa os primeiros noventa e os discos facturados nunha lingua inventada chamada Meronian, como anos máis tarde farían Sigur Ros. Xa en inglés Circle chegan ao novo século como unha banda capaz de mesturar riffs propios do heavy metal cunha actitude e unhas propostas máis propias do krautrock ou do post-rock, o que lles valeu a etiqueta de heavy alternativo. O certo é que nunha primeira escoita da banda finesa o único que queda claro é que fuxen de todo encasillamento. Son, sen máis, unha banda de rock moi particular.
Museo MARCO de Vigo. Luns, 30 de novembro. 20:30 h. 8 euros
http://www.myspace.com/circlefinland / http://www.circlefinland.com/