O goberno local ratificou este xoves definitivamente no Pleno da Corporación a creación dunha nova taxa ás empresas de telefonía móbil polo uso do dominio público local, un novo imposto que permitirá o ingreso de 1,4 millóns de euros nas arcas municipais que redundarán no “aforro” da cidadanía viguesa.
Segundo informou a concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, a instauración desta nova taxa equipara a situación das compañías de telefonía móbil coas de fixa, que xa abonan un imposto pola mesma causa, e sitúa a Vigo no mesmo plano que outras cidades como Madrid, onde xa é efectiva desde fai dous anos.