A Sala Mondo (Joaquín Loriga, 3) xuntará esta noite a diversos grupos no concerto Pobreza Cero. Por sólo 2 euros poderás escoitar aos grupos máis destacados do panorama galego:
SEPTIEMBRE
Pablo Álvarez, Celso Alonso e os irmáns Marcos e Albert Lois forman o grupo Setembro. Un grupo vigués con a penas dous anos de idade e con un álbum titulado “Bajo el sol” composto por sete temas que se rixen polas normas do Power pop actual, con melodías pegadizas e armonías vocais semellantes ás do pop dos anos 60, combinadas con fortes riffs de guitarras e unha enérxica sección rítmica.
TOXIC PATROL
Toxic Patrol conforman a gran esperanza branca do no-future do rockabilly trash-to no occidente. Revulsivos activistas da escena musical viguesa, son apaixoados consumidores da cultura trash americana dos anos 50 e europea dos 80. Cunha estricta dieta a base de rockabillly, neo rockabilly e psychobillly, seus tres compoñentes en directo practican o rockabilly trash-to máis torpe, prescindible e indecente que se poida fabricar nesta reserva espiritual de occidente.
PORTRAIT
Os primeiros integrantes deste grupo, Carlos e Alejandro, publicaron os seu primeiro Ep, “Self”, con temas de cantautor folk. No ano 2006 únese ao grupo Fernando á batería. Máis adiante, a pianista e corista Elena, e a violinista Sara, completarán este actual quinteto acústico.
JINGhang Man
Este xoven grupo vigués está composto por Gerad Perod (baixo), Juanjo Fitre e Andrelo (guitarra), Antonio Bárbarez (batería) e Luis Alrod (Voz). A súa música a definen como “canción popular melodramática” a cal fai bailar e rir coas súas inxeniosas letras. Todo un espectáculo que non se debe perder.
CARABA
Sen dúbida o grupo máis novo da noite. Formado por Xermán ( voz e guitarra), Greñas ( batería) e Nico ( baixo) conforman un dos grupos emerxentes da cidade olívica. A súa música, fusión de rock, funk e pop con algúns toques de jazz e os seus referentes musicais Nirvana ou Red Hot na esfera internacional e de The Phantom Club no eido local.