
Dous meses nos que poder disfrutar de 95 imaxes de mulleres que aparecen no Arquivo Pacheco. Esta é a mostra ‘Mulleres‘ da Casa das Artes (ata o 10 de xaneiro), integrada por fotografías en diferentes formatos feitas entre 1910 e 1960 e coas que se intentan crear dous espazos diferentes: un íntimo, con retratos realizados en estudo fotográfico ou no propio fogar das mulleres, e outro máis aberto que plasma ás protagonistas no traballo ou practicando deporte.

A exposición forma parte do plan de poñer en valor o Arquivo Pacheco, para o que se elaborou un programa de actuacións e se dotou con persoal suficiente para desenvolvelo. O seguinte paso chegou a principios de 2009 coa apertura do Arquivo a especialistas e que culminou en xullo coa apertura das súas portas ao público en xeral.