Amplíase o Camiño de Santiago VIP

.

O Bono Iacobus aloxa aos peregrinos en casas de turismo rural
O Bono Iacobus aloxa aos peregrinos en casas de turismo rural

A Consellería de Cultura e Tursimo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo e Turgalicia, vén de incorporar unha nova ruta do Camiño de Santiago ao programa Bono Iacobus: O Camiño do Norte, que xunto as rutas Fisterra-Muxía, Camiño do Sueste (Vía da Prata), Camiño Francés e Camiño Portugués, posibilita percorrer os tramos galegos da Ruta Xacobea pernoctando na rede de aloxamentos de Turismo Rural de Galicia

O Bono Iacobus é  un servizo turístico deseñado especificamente para o Camiño de Santiago que permite percorrer por etapas as distintas vías históricas que conducen a Compotela, aloxándose cada día nunha casa de Turismo Rural diferente. O prezo do bono inclúe o aloxamento e as ceas. Tamén é posible contratar como servizos opcionais o picnic para o xantar do día, o traslado de equipaxe e o aloxamento en Santiago de Compostela.

Todas as casas de Turismo Rural que cooperan co Bono Iacobus ofrecen nos seus aloxamentos unha acollida familiar e unha gastronomía de calidade, e atópanse moi próximas aso puntos de chegada de cada etapa. O Bono Iacobus pode ser adquirido durante todo o ano, agás o mes de agosto e na Semana Santa.

Este servizo comercialízase a través dunha axencia de viaxes e pódese obter información sobre el na páxina web turgalicia no teléfono de atención de Turgalicia 902 200 432.

Ampliación das canles de comercialización

Por outra parte, Turgalicia vén de publicar un concurso público cuxa resolución posibilitará  unha ampliación da comercialización do Bono Iacobus.

Deste xeito, a empresa adxudicataria para a venda doeste servizo deberá ser maiorista/minorista, de xeito que ademais de comercializar esta directamente o paquete turístico, se poida comercializar a través de outras axencias de todo o mundo.

También te puede interesar