Vigo al minuto

Contratan traballadores para axilizar a Lei de Dependencia

A Lei de Dependencia beneficia a discapacitados.
A Lei de Dependencia beneficia a discapacitados.

A Consellería de Traballo e Benestar ven de reforzar o persoal funcionario nomeado temporalmente para desenvolver tarefas encamiñadas a axilizar a tramitación da Lei de Dependencia. Así, entre mediados de setembro e primeiros de outubro incorporáronse ao departamento un total de 28 funcionarios (13 na Coruña, 6 en Lugo, 5 en Ourense e 4 en Vigo) e a primeiros de novembro outros 59 (8 nos Servizos Centrais, 19 na Coruña, 7 en Lugo, 8 en Ourense e 7 en Vigo).

Para levar a cabo esta actuación, a área autonómica investiu nunha primeira quenda un total de 159.792 euros e na segunda un total de 143.445 euros.

Ademais, a Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal pretende a primeiros de ano cubrir, en colaboración coa Dirección Xeral de Orzamentos e a Dirección Xeral de Función Pública, as prazas vacantes de persoal funcionario e laboral destinadas á realización de tarefas administrativas de dependencia por medio de interinidades. Isto dotaría de vocación de permanencia ás persoas que cubran os postos e significará unha mellora importante, xa que evitará o cambio continuo de persoal.

Mellora na tramitación e prazas

As melloras do Goberno galego na tramitación da dependencia xa están a dar os seus froitos, xa que na actualidade reducíronse nun 25% os casos pendentes de valoración, polo que agora mesmo están por resolver o 5%.

Ademais, priorizouse a atención aos que máis o necesitan, é dicir, aos grandes dependentes, e incrementouse a media de expedientes atendidos por mes. Neste sentido, pasáronse de 900 a 1.000.

Por último, aumentaranse as prazas para persoas maiores. Crearanse en breve 210 en residencias e 50 en centros de día de alzheimer e ao longo de 2010 outras 336 para persoas con discapacidade e dependentes. Ademais, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten previsto abrir  617 prazas entre xaneiro e febreiro (centro de día, fogares residenciais e vivendas comunitarias) e arredor doutras 250 máis no segundo semestre de 2010.

O decreto de dependencia

A Conselleira de Traballo e Benestar lembrou tamén que nas próximas datas publicarase o novo decreto da dependencia, que ata agora se atopaba en período de consultas. A nova normativa incluirá, entre outros artigos, un adicado ao abono das prestacións aos dependentes falecidos durante o proceso.

O novo decreto reducirá  os trámites de 12 a 6 meses, o que permitirá coñecer de forma periódica o expediente en aras da transparencia e garantirá o recoñecemento da dependencia aos falecidos, sempre que se teña cumprido cos requisitos técnicos e se teña conseguido a resolución de grao e nivel.

Unha vez que se aprobe o decreto, será preciso o desenvolvemento dunha ou dúas ordes nas que se concretarán os requisitos, os prazos e as tramitacións para percibir as axudas, un trámite normal como ocorre con calquera outro decreto.

Por último, a Consellería traballa na unificación das dúas aplicacións informáticas que vai a ter coma resultado unha única ferramenta de xestión do procedemento dende o seu inicio ata o final.

Co respecto ao servizo de mobilidade do 065, o departamento autonómica está a elaborar un protocolo de actuación para achegar unha maior calidade á prestación do servizo.

También te puede interesar