Galicia

Amplíanse as liñas de Noitebús este Nadal

O Noitebus consolídase como alternativa ao vehículo privado.
O Noitebus consolídase como alternativa ao vehículo privado.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reforzará con 11 novas rutas durante este Nadal o servizo de transporte NoiteBús. Os novos servizos están repartidos por toda a xeografía galega, tendo especial incidencia nas provincias de Lugo e A Coruña. O departamento que dirixe Agustín Hernández pon a disposición deste proxecto un orzamento de case 7 millóns de euros.

Sinalar que máis de 330.000 mozos subiron a algunha das rutas deste servizo de transporte que promove a Consellería de Medio Ambiental, Territorio e Infraestruturas nos primeiros 10 meses deste ano , fronte aos 316 mil do total do ano 2008. Estes datos certifican o éxito deste servizo, xa que cada ano vai adquirindo máis seguidores.

Neste momento, as rutas máis empregadas polos usuarios no que vai de ano son as a que conecta as zonas de ocio nocturno dos concellos de Padrón e Ribeira, que foi empregada por un total de 15.944 persoas ao longo dos 44 días que se facilitou este servizo; e a ruta Negreira-Brión-Bertamiráns-Santiago, cun total de 11.079 viaxeiros en 88 días.

Rutas de Nadal

A Xunta de Galicia aposta por manter este servizo dirixido especialmente á xente máis moza, polo que manterá un total de 240 liñas de NoiteBus, ás que hai que engadir novas rutas máis que estarán operativas ata finais de xuño de 2010.

Dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o éxito do programa NoiteBús radica en que vai especificamente dirixido ao sector poboacional no que se pretende incidir, ofrecendo a posibilidade de desprazarse durante toda a noite por unha tarifa unificada de dous euros, e unindo as principais zonas de “movida” nocturna da nosa xeografía.

O éxito deste servizo ven avalado por un continuo incremento da demanda, consolidando o NoiteBús como unha alternativa cada vez máis clara ao vehículo privado.

También te puede interesar