Vigo al minuto

O Xeral acolle a Reunión Galega de Diálise Peritoneal Ambulatoria

diálisisO venres, dia 11, terá lugar no Salón de Actos do Hospital Xeral de Vigo a XX Reunión Galega de Diálise Peritoneal Continua Ambulatoria (DPCA). A esta reunión, organizada polo Servizo de Nefroloxía do Xeral-CHUVI, en concreto polos doutores José Sobrado e Mercedes Moreiras, asistirán setenta e cinco especialistas, tanto médicos como profesionais de enfermaría de Galicia, Asturias e Portugal que este ano debaterán sobre Diálises Peritoneal e Corazón. Trátase dun tema novidoso no campo da diálises perioneal, a aplicación desta modalidade de diálises como tratamento da insuficiencia cardíaca, que se ten revelando como eficaz nalgúns pacientes moi seleccionados

 Para isto, contarase coa presenza dunha conferenciante invitada, a doutora María del Carmen Rodriguez Suárez, do Hospital Universitario Central de Asturias, cunha ampla e recoñecida experiencia en diálisies e pioneira na utilización da DPCA como parte do tratamento da insuficiencia cardiaca.

 Segundo explica o organizador deste encontro, o nefrólogo do CHUVI José Sobrado “co avance e desenvolvemento da medicina nos últimos anos, tense observado que algunhas terapias ou técnicas concebidas para solucionar un problema poden ser útiles noutras situacións. Este é o caso da diálisis peritoneal, que se ten amosado eficaz no tratamento dalgúns casos de pacientes con insuficiencia cardiaca con mínima ou nula resposta ao tratamento habitual, independentemente de que a función dos seus rils sexa normal ou estea moderadamente alterada. Con diálises peritoneal se consigue unha pérdida suave e continuada de líquidos e sal, de forma que o corazón enfermo poda manexar con maior eficacia un menor volumen circulante.”

Dúas modalidades de diálise

A diálise é o procedemento polo que se depuran as substancias residuais do metabolismo cando os ris enfermos non son capaces de eliminalas e adquiren niveis tóxicos no organismo. Existen dous tipos de diálises: hemodiálise e diálise peritoneal. En ambos casos se precisa dunha membrana a través da que se filtran e eliminan as referidas sustancias residuais ou tóxicas. Mentres que na hemodiálise esta membrana é artificial, na diálise peritoneal é a propia membrana peritoneal do paciente, localizada no abdome, a que se encarga da función depuradora.

 Para facer hemodiálise é necesario acudir a un centro hospitalario cada dous días a conectarse durante tres ou catro horas ao “ril artificial” ou máquina de hemodiálise. Para realizar a diálise peritoneal colócaselle ao paciente un pequeno catéter na cavidade peritoneal que lle permite realizar o tratamento no seu domicilio. Este procedemento para limpar o sangue debe realizarse tres veces ao día durante 20 minutos aproximadamente, na casa, e acomodando o horario á vida do paciente, polo que facilita o normal desenvolvemento das súas actividades diarias, así como unha maior integración social no seu entorno habitual e no seu lugar de traballo.

 Segundo o xefe do Servizo de Nefroloxía do Xeral, Luis González, “ambos tipos de diálises, a hemodiálise e a peritoneal, teñen vantaxes e inconvenintes; o momento de inicio da diálises é decisión médica segundo a condición da enfermidade renal avanzada; unha vez descartadas algunhas das situacións que puideran excluir a posibilidade dun dos tipos de diálises, se lle ofrece ao paciente, tras unha completa información, a posibilidade de elixir entre as dúas modalidades. Se ben unha elección inicial axeitada contribúe a un mellor pronóstico, segundo a evolución do paciente é posible cambiar de tipo de diálises.”

 Máis calidade de vida

Na actualidade, o servizo de Nefroloxía do Xeral controla a 69 pacientes con insuficiencia renal que están obrigados a dializarse: destes, 45 se hemodializan e 24 seguen a Diálise peritoneal. Esta taxa de pacientes que se dializan nas súas casas, que neste hospital acada porcentaxes cercanos ao 40 por cento, é unha das mellores dos hospitais do noso entorno, superior aínda ao conxunto de España que é dun 20 por cento .

 En xeral, Galicia é unha das Comunidades que presenta unha das taxas máis elevadas en canto a pacientes controlados a través deste programa ambulatorio. Segundo explican os especialistas, a Diálise peritoneal incide fundamentalmente na mellora da calidade de vida do paciente xa que lle permite recibir o tratamento sen afastalo do seu entorno sociofamiliar, cunha maior liberdade de acción e de movementos, sen necesidade de ter que conectarse a unha máquina durante catro horas cada dous días como acontece coa hemodiálise.

Diálise mentras durmen

Outra modalidade que supón un gran avance nas técnicas substitutivas da función renal é a diálises dos pacientes mentres durmen. Na actualidade, a Unidade de Diálises do Hospital Xeral trata a seis pacientes que, grazas a unha cicladora automática que realiza a función dos riles, se dializan mentres durme.

 A cicladora é unha máquina cun microprocesador programado para subministrar ciclos de tratamento que non require ningunha atención especial por parte do paciente, só un período de aprendizaxe.

 

 

 

 

También te puede interesar