
As súas Maxestades, os Reis Magos, convocan aos nenos para participaren no Concurso “Vente Cos Reis Magos”, a todas as nenas e nenos de Vigo que teñan nacido entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 31 de decembro de 2001 e que queiran participar no desfile da Cabalgata de Reis.
Para iso as interesadas e interesados deben depositar a súa solicitude de inscrición nas caixas de correos que se instalarán na lonxa da Casa do Concello e nos centros cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns entre os días 10 e 18 de decembro.
O sorteo para a selección das/dos corenta acompañantes será o 22 de decembro ás 12:00 horas na Casa do Concello.