O tenente de alcalde, inaugurou este venres a reforma da rúa Gamboa, que pecha a primeira fase da recuperación do entramado viario Casco Vello. Santiago Domínguez anunciou que este remate é só “un punto é aparte”, que terá continuidade no ano 2010 con novos proxectos. No acto, que contou que diversos membros da corporación municipal, Santi Domínguez lembrou que Gamboa é a última das 19 rúas remodeladas neste ano, pero asegurou que os orzamentos do vindeiros exercicio contemplan xa novas actuacións no barrio histórico da cidade co obxectivo de que a finais de 2010 “todas as rúas do Casco Vello estean reformadas e renovadas”.
Domínguez explicou que a reforma da rúa Gamboa contou cun investimento de 190.000 euros e supuxo unha actuación en 471 metros cadrados. Lembrou que se trataba dunha rúa de “difícil accesibilidade e paseo”, pero que coas obras levadas a cabo estas dificultades están rematadas. “Parece que acaba de duplicarse a superficie da rúa”, comentou. Como nos outros viais do Casco Vello, ademais do cambio do pavimento, levouse a instalación de novas luminarias e a colocación de novos colectores, a renovación do saneamento e o incremento da capacidade de suministro. Tras as obras, a rúa conta tamén co soterramento das liñas de comunicación e novo alumeado.
A reforma desta rúa permitiu atopar uns restos arqueolóxicos, que poderían ser parte da antiga muralla da cidade. Os traballos arqueolóxicos realizados non permiten definir exactamente o seu valor e por iso o ano que vén desenvolverase proxecto completo, con catas nos espazos adxacentes, que permita “definir e poñer en valor a riqueza patrimonial existente