Abrigan tanto coma unha manta, quitan a fame, sede dan pouca, fan rir, e dixerir, nunca enfadan, sempre agradan e poñen a cara encarnada, por iso mañá no Sábado de Cine e Libros que organiza a Asociación Cultural “O Coto” no Colexio Público Carballal de Cabral, ademáis de compartir e intercambiar libros, as 9 da noite os amantes do cine poderán ver, sen pianista (para os que leven moito tempo sen ir) a película ’Smoke’ Dirixida por Wayne Wang no ano 1995 e con guión do escritor Paul Asuter, que non quixo aparecer nos títulos de creto, está interpretada polo gañador dun Oscar Willian Hurt e o impresionante Harvey Keitel e conta as historias que desenrólanse ao redor dun estanco. A él acuden un puñado de personaxes solitarias cuias vidas parecen marcadas polo azar, o estanquero (Keitel) é o confidente de todos eles.
