Se queres facer camiño ao andar, o domingo día 13 de decembro o grupo de senderismo (que é andar polo monte) Andaina vai a realizar unha ruta dedicada a público familiar i especialmente para os nenos. Realizarán un percorrido de 5 kilómetros polo antigo camiño que unía os pobos de Barciademera e Covelo A saída será ás 10 e media da mañán dende o Colexio Público Carballal Cabral e chegarase á fermosa igrexa de Barciademera, para seguir polas aldeas, ou a beira do río Tea. A ruta estará guiada polo Presidente da Comunidade de Montes de Barciademera Joaquín González, que dará explicacións de todo o percorrido que se está a rehabilitar por parte da súa Comunidade de Montes.