Destacados El Lector

A Asociación Veciñal de Coia ‘Camiño Vello’ critica boa parte da humanización da rúa Marín

Una de las obras de Vigo.
Una de las obras de Vigo.

Declaracións da directiva da Asociación Veciñal de Coia “Camiño Vello” ante a inauguración da Rúa Marín o pasado xoves, 10 de decembro de 2010.
 
 O pasado xoves, 10 de decembro, o Sr. Alcalde, D. Abel Caballero, achegouse ata a Rúa Marín para inaugurar as obras desta Rúa, a pesar de que as obras de humanización non están rematadas na contorna do barrio.

A directiva desta asociación quere manifestar o seu agrado polo investimento feito nesta rúa logo de tantas e tantas solicitudes realizadas desde esta entidade (mellora do asfalto, mellora das beirarrúas, mellora da rede de saneamento e abastecemento, mellora das luminarias…) Todo este investimento repercute directamente na calidade de vida da veciñanza pola que tanto traballa o movemento veciñal desde hai 40 anos. Nembargantes, continuamos sen comprender algunhas cuestións relativas ás consecuencias derivadas destas obras:
–          Por máis que o Sr. Alcalde diga que as prazas de aparcadoiro son as mesmas que antes das obras, podemos asegurar que isto non é así, de feito a cuantificación que tiñamos realizada antes das obras era de 97 prazas reais ante as 69 actuais (non 62). A esta redución de prazas vemos como se une a incisiva actuación da policía local á hora de denunciar estacionamentos incorrectos, cando antes os vehículos ocupaban beirarrúas e pasos de peóns e non facían nin caso.
–          Continúa a preocuparnos o servizo de transporte público xa que o sentido único destas rúas impide un servizo áxil e de calidade para toda a cidadanía, porque insistimos en que si vives ao final da ría Bueu ou Moaña non é igual coller ou deixar o autobús na rúa Vilagarcía que na Avenida de Castelao.
–          Non comprendemos por que un acto que nos debería encher de orgullo a toda a veciñanza, como é a inauguración dunha das nosas rúas, non é un acto público no que se convoque a representantes veciñais, porque guste ou non estamos a traballar por un barrio mellor, pero isto non o poderemos acadar se a clase política non predica co exemplo.
–          Lamentamos que no cruce da rúa Marín con Vilagarcía non se respectara a mellora que solicitarmos hai tempo e que impedía o embalsamento de augas cando chove, pero esta non é máis que unha das consecuencias de ter feito un proxecto alonxado das necesidades reais da cidadanía.
 
Esperamos continuar a ver como o noso barrio mellora e confiamos en que a clase política comece a confiar na veciñanza soberana, porque humanizar non é posible se non comezamos por cada un de nós.
A directiva aproveita esta ocasión para lles desexar felices festas!!

También te puede interesar