Cultura

Begoña Caamaño sí sabe coma agardou Penélope por Ulises:contoullo Circe

Qué fixo Penélope mentras agardaba a volta de Ulises? Coma superou as tentacións? E as propostas de matrimonio? E aos homes que a pretendían sen querela? E aos que a querían? Sabíao Circe, unha muller misteriosa que vivía na mente da viguesa Begoña Caamaño e que rematou saindo nun libro, ‘Circe ou pracer do azul’, no que pode atoparse a verdadera, quen di verdadera di desexable ou cálida, verdade de Ítaca

Circe ou o pracer do azulNeste caso non pesou o feito de seres xornalista. Se cadra Twain ou Shaw non tiñan razón e o xornalismo non mata a literatura. Fose como fora, Begoña Caamaño (Vigo, 1964) foi quen de escribir Circe ou o pracer do azul‘ (Galaxia) na que da o salto dende a ondas do Diario Cultural da Radio Galega ao mundo da invención. Seica non era certo o dos escritores e o xornalismo, Cunqueiro tamén desmentiuno, e coma o fixo.

‘Circe e o pracer azul’, presentada primeiro en Compostela por Goretti Sanmartín, Víctor Freixanes e Uxía, e hoxe na Casa do Libro de Vigo, narra a historia dunha muller, Penélope, que leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando lle suxiren a probable morte de Ulises, recibe unha carta dunha estraña: unha muller misteriosa e remota, Circe, que a informa de que o seu home non só non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado.A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres.

También te puede interesar