Cada día son máis os cidadáns galegos que solicitan unha cita co seu médico de Atención Primaria a través desta ferramenta informática e, de feito, as citas xestionadas polo SERGAS aumentaron en máis de 500.000, comparando co mesmo período do ano anterior, ao pasar das 1.065.180 dos once primeiros meses de 2008 ás 1.573.421.
Segundo as áreas sanitarias, dende a de Vigo se realizaron máis de 388.000
solicitudes nestes primeiros once meses, seguida da de Coruña con máis de 269.000. A continuación situouse Santiago, con preto de 246.000; Pontevedra, con máis de 213.000; Ourense, con preto de 175.000; Lugo, con máis de 168.000; e Ferrol, con máis de 113.000.
A petición de cita previa médica para acudir ao centro de saúde iniciouse en novembro de 2001. Con esta iniciativa, pioneira en España, a Consellería de Sanidade perseguía o obxectivo de facilitar aos cidadáns as interacción e relacións coa Administración sanitaria. Dende o seu inicio, o Servizo Galego de Saúde garantiu que todas as transacións efectuadas mediante este procedemento nas que interveñen datos de carácter persoal son feitas coas máximas garantías de seguridade.
Ademais, a través da páxina
e dirixirse ao apartado de Cita de Atención Primaria, onde o paciente debe introducir os datos da súa tarxeta sanitaria e seleccionar as modalidades de cita que desexe. Tamén existe a posibilidade de consultar citas pendentes, así como anular ou cambiar calquera delas. ofrécese un amplo catálogo de servizos, entre os que se inclúe a petición de cita previa, pero tamén outros como cambiar de médico, ou realizar trámites de tarxeta sanitaria. Tamén se pode coñecer o abano de facultativos dispoñibles e os lugares e horarios de consulta de cada un dos centros de saúde.