A publicación, composta por tres tomos, é unha combinación de goce para a vista e rigor para o estudo. Os dous primeiros tomos, compostos por máis de 300 páxinas cada un, recollen unha selección dunhas 500 obras, magníficamente reproducidas e acompañadas por unha ficha técnica básica. Ademais, inclúen diversos textos sobre a figura e a obra de Laxeiro e unhas 25 pezas comentadas por especialistas de primeira fila. O terceiro tomo inclúe a reproducción reducida de todo o corpus que forma a obra de Laxerio, unhas 3.580 referencias, e un DVD no que se clasifica cada unha das obras, cunha completa ficha técnica que inclúe imaxe, título, data, técnica, medidas, inscricións e bibliografía e diferentes posibilidades de busca.
Este proxecto é a culminación dun traballo que a Fundación Laxeiro ven realizando dende a súa constitución en 1999 hasta a actualidade e pretende ser a ferramenta fundamental para a profundización no traballo de Laxeiro e a súa reubicación no panorama artístico universal do século XX.