The Dodos son unha banda californiana que con tres álbumes publicados é unha das propostas de Weird Folk máis interesantes. Comparten afinidades con Xiu Xiu, Iron and Wine, Animal Collective ou Six Organs of Admittance, se ben con características propias. The Dodos actuarán o xoves, 17 de decembro, no MARCO a partir das 20:30 horas. O prezo da entrada é de 12 euros.
The Dodos chaman ao seu estilo Psych Folk, e non é de estranar, baixo composicións de corte clásica agóchase unha sección rítmica a cargo de Logan Kroeber, toda unha eminencia en canto a percusión africana se refire. A outra metade de The Dodos é Meric Long, a voz e a guitarra, que así susurra como acompaña á batería nun fluír que por momentos parece sacado da banda sonora dos corredores dun psiquiátrico, como parece aseverar a canción Two Medicines. Time to Die é o seu último traballo, á venda dende agosto e a confirmación da radical orixinalidade do dúo, devenido para a ocasión en trío, tras a incorporación ao vibráfono de Keaton Snyder. The Dodos encherán a sala do MARCO de ritmos psicodélicos para despedir a programación de Outono do Festival SINSAL.
Poder seguilos en myspace