Domínguez explicou que a desmontaxe do mosaico foi levada a cabo pola empresa Arquipedra e Ara S.C Conservación & Restauración é a encargada da restauración. Respecto ao proceso de recuperación, sinalou que tras a eliminación de todos os elementos alleos ao mural, se desenvolveu un proceso de consolidación, fixación e tratamentos específicos no reversos dos azulexos. Tras a limpeza, o seguinte paso foi a reposición dos fragmentos perdidos e a continuación actuouse sobre a perda de cor.
Xa non anuncia outra cousa que a arte publicitaria de comezos do século pasado. O mosaico de Pedro Domecq, de Policarpo Sanz, xa está restaurado e hoxe entrou a formar parte das melloras da zona de Porta do Sol. O tenente explicou que o mesmo foi recuperado logo da degradación e os danos que sufriu dende que se instalou en 1926, coma os fungos, colas e cementos para a construcción ou actos vandálicos.
Santiago
Sobre fibra de vidro e protexido cun cristal
Rematado este proceso de restauración de cada azulexo, procedeuse a súa colocación nun novo soporte, de fibra de vidro elaborado a modo de panel de abella que permite unha boa ventilación, resistente aos cambios climáticos e ambientais, así como ás vibracións do efecto do tráfico da zona, e que se situou dentro dun marco de acero inoxidable e colocouse un cristal a modo de urna para evitar o seu deterioro. instalación orixinal do mosaico, no ano 1926, foi solicitada por César Gallizo, en representación do Hotel Moderno, autorizada polo entón arquitecto municipal Jenaro de la Fuente e realizada pola empresa Valencia Industrial. No ano 1961, o representante en Vigo de Pedro Domecq, pediu permiso para adosar un gravado sobre cristal do mesmo debuxo, que fixo a Unión Cristalera. O tenente de alcalde anunciou que esta restauración “exemplo da aposta pola recuperación do noso patrimonio”,que continuará polos barrios e parroquias da cidade, co desenvolvemento de actuacións como a recuperación de muiños e sendeiros tradicionais.
Colocado hai 83 anos
A