Cultura

‘Camiña con nós’ amosará o Camiño Portugués a Santiago a rapaces dos colexios de Pontevedra

Niños caminandoA Deputación de Pontevedra sumarase á celebración do Xacobeo mediante ‘Camiña con nos’, un programa pensado para escolares de 3º e 4º da ESO que poderán recorrer o Camiño Portugués ata Compostela e coñecer a súa historia e valor cultural. As rutas desenvolveranse nos meses de abrl maio e xuño, sempre que se formen grupos de, a lo menos, 20 escolares por cada colexio participante.

Serán estos os que terán que mandar as inscripcións á Deputación antes do 20 de febreiro de 2010, tendo en conta que o número de prazas ofertadas é de 7.758 que serán otorgadas por orde de entrada das follas de inscripción no rexistro da entidade provincial.

A actividade desenvolverase durante unha xornada completa, dividida en dúas sesións distintas. Pola mañá, os grupos per correrán un tramo do Camiño que escollerá o colexio entre as seguintes etapas: Valança do Miño- O Porriño; O Porriño-Redondela; Redondela-Pontevedra; Pontevedra-Caldas; Caldas-Padrçón; Pontecesures-Milladoiro. Xa pola tarde e logo de xantar nun restaurante próximo ao tramo da ruta, os grupos visitarán o Museo de Pontevedra, o Castelo de Soutomaior ou un albergue de peregrinos.

‘Camiña con nos’ porá a disposición de cada grupo un autobús para realizar os traslados dende o Centro de Ensino ata o lugar de saída da ruta, un todoterreno de apoio e un guía. Como parte última do programa, todos os participantes realizarán xuntos o tramo final, Milladoiro-Catedral de Santiago, o 4 de xuño de 2010.

 O prezo da máximo da actividade será de 25 € por participante dos que a Deputación porá 15 €.

También te puede interesar