Agenda Cultura

O Nadal móvese por Vigo

Logo de achegar aos barrios e parroquias de Vigo as celebracións e manifestacións culturais vinculadas ao ciclo de festas anuais (entroido, letras galegas, San Xoán e magostos), o Movemento Veciñal de Vigo encara agora a recta final do ano cun completo programa cultural para toda a familia centrado nas festas do nadal: MoveVigo Nadal 2009.
Como complemento ao programa de festas oficial, a proposta do Movemento Veciñal de Vigo para vivir as festas do nadal é unha proposta cultural e participativa, con 95 actividades que ata o vindeiro 6 xaneiro que extenderán o nadal a 26 barrios e parroquias da cidade, coas asociacións veciñais como punto de encontro, centros de participación e lecer.
Para gozar as festas en familia, xuntarse cos amigos e coa veciñanza, o nadal veciñal celebrará un sinfín de festivais e concertos, con panxoliñas, concertos corais e actuacións das rondallas. O fin de ano tamén se celebrará nos barrios e parroquias, así Valadares, Castrelos, San Miguel de Oia, San Xoán Poulo O Freixo e o Vilar teñen preparadas festas de fin de ano coa actuación de orquestras, grupos e dúos musicais; Sárdoma e Zamáns tamén serán unha festa coa celebración do tradicional baile de reis o 5 de xaneiro.
Ademáis de festas e festivais, as asociacións veciñais organizarán múltiples espectáculos con representacións teatrais, misas cantadas, escenificacións de reis e actuacións de música e baile.
Tamén un ano máis e desde a A.V.C. Casco Vello recupérase e ponse en valor os tradicionais cantos e danzas de reis con obradoiros nos que poder aprender os cantos e bailes do nadal e con actuacións de rúa.
Cativos e cativas teñen nas datas de nadal máis tempo libre e viven as festas con especial intensidade. Para eles o Movemento Veciñal dispón unha oferta específica con obradoiros infantís de nadal en O Freixo e contacontos en Teis. Nenos e nenas terán a oportunidade de falar con Papa Nöel e co Carteiro Real ou de presenciar as cabalgatas e visita dos Reis Magos en Beade, A Miñoca, San Miguel de Oia, Zamáns, Sampaio e Saiáns. Tamén haberá festivais infantís, animación e sorteos.
2. MoveVigo
MoveVigo recolle e pon nome á intensa programación que con motivo das diferentes festas do ciclo anual as diferentes asociacións veciñais levan a cabo nos seus respectivos barrios e parroquias. Trátase de lanzar e promocionar de forma conxunta a programación do Movemento Veciñal. Pode ser consultada en calquera asociacións veciñais federadas e tamén na páxina web www.movevigo.com.
O programa MoveVigo, financiado por Tenencia de Alcaldía – Concello de Vigo e Concellaría de Cultura e Animación Sociocultural – Concello de Vigo, ademais de dar forma a esta programación conxunta, permite establecer un circuíto cultural que facilita o movemento das agrupacións artísticas e culturais que se desenvolven no seo das asociacións veciñais (música, teatro, baile, danza…), xa que as actuacións fóra da asociación propia son financiadas con cargo ao programa. Consíguese deste xeito chegar a máis público, fomentar o intercambio e complementar a oferta propia de cada asociación.
O obxectivo fundamental é o de facer partícipe a toda a veciñanza das diferentes festas do ciclo anual do noso calendario, buscando sempre a posta en valor daquelas actividades e celebracións que nos fan vivir e tomar conciencia das datas que estamos a festexar.Logo de achegar aos barrios e parroquias de Vigo as celebracións e manifestacións culturais vinculadas ao ciclo de festas anuais (entroido, letras galegas, San Xoán e magostos), o Movemento Veciñal de Vigo encara agora a recta final do ano cun completo programa cultural para toda a familia centrado nas festas do nadal: MoveVigo Nadal 2009.

O 2009 chega ao seu fin e a Federación de Veciños Eduardo Chao encara esta recta final cun completo programa cultural para toda a familia con MoveVigo Nadal, con 95 actividades que, ata o vindeiro 6 de xaneiro, extenderán o nadal a 26 barrios e parroquias da cidade, coas asociacións veciñais como punto de encontro e centro de lecer. Festivais, concertos, panxoliñas, corais e rondallas, ademais das festas de fin de ano en Valadares, Castrelos, San Miguel de Oia, San Xoán Poulo O Freixo e o Vilar e o tradicional baile de Reis o 5 de xaneiro en Sárdoma e Zamáns.

Pero non serán as únicas actividades, xa que haberá representacións teatrais, misas cantadas, escenificacións de Reis e actuacións de música e baile. Mentres, o Casco Vello volverá a por en valor os tradicionais cantos e danzas de reis con obradoiros nos que poder aprender os cantos e bailes do Nadal, ademais de organizar actuacións na rúa.

Para os máis cativos, con moito tempo libre nestas datas, haberá obradoiros infantís en O Freixo, contacontos en Teis, poderán falar con Papa Noël e o Carteiro Real e presenciar as visitas dos Reis Magos a Beade, A Miñoca, San Miguel de Oia, Zamáns, Sampaio e Saiáns.

Un completo programa apto para todos os públicos.

También te puede interesar