Diversión e solidaridade camiñan da man na sétima edición de Vigolandia, que se celebra do 26 ao 30 de decembro no Ifevi. Nesta ocasión, e tendo en conta os tempos de crise nos que vivimos, esta actividade resaltará o seu carácter social coa incorporación por primeira vez dun punto de recollida de xoguetes que logo se entregarán a distintas entidades benéficas da cidade.
Unha medida que se suma á doación da recadación a tres asociacións da entrada, que xa ten un prezo simbólico de 2 euros para os menores de 14 anos e de 3 euros para os adultos e no que se inclúe o acceso aos espectáculos que se celebrarán no salón de actos. O ano pasado máis de 20.000 persoas pasaron polas instalacións de Vigolandia, unha cifra que espera verse superada este ano.
Mantendo as actividades clásicas, Vigolandia preséntanosla dende a óptica das novas tecnoloxías, con actividades como contacontos dixital, deixando a porta aberta á creatividade dos máis pequenos. Ademais, 1.300 nenos de colexios da cidade participaron cos seus debuxos no Concurso de Pintura de Vigolandia.
Este festival o ocio e do lecer ofrece actividades para nenos a partir dos 0 anos. Unha das actividades estrela será a piscina con esfera, na que poden participar cativos de máis de 7 anos, ademais dos espectáculos teatrais para nenos que se representarán todas as tardes ás 18 horas.