O Concello de Vigo integrase na Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) , denominada Axencia Eurorexional de Desenvolvemento do Eixo Atlántico, según acordou hoxe por unanimade a corporación municipal no transcurso do derradeiro pleno do ano 2009, de carácter ordinario e presidido polo alcalde, Abel Caballero.
O primeiro punto da orde do día do pleno municipal abordou a proposta do concelleiro de Xestión de Xestión Municipal, Carlos López Font, quen recordaba que o Eixo Atlántico constitue unha asociación transfronteiriza de municipios, de dereito privado, sen fins económicos que configuran o sistema urbano da eurorexión Galicia-Norte de Portugal, na que se integra o Concello de Vigo. Así, unha vez integrado xa no Eixo Atlántico, o Concello de Vigo participará na AETC, coñecida asimesmo como Axencia Eurorexional de Desenvolvemento do Eixo Atlántico, que é un instrumento de cooperación a nivel comunitario; pois de non adaptarse esa figura, as entidades transfronterizas non terían razón de ser.
O pleno continuou coa abordaxe de nove mocións incluidas na orde do día, capítulo que se abriu coa presentada polo grupo do BNG, en concreto por María Xosé Méndez, sobre o pagamento en prazo ás persoas beneficiarias da Lei de Dependencia. A moción foi aprobado cos votos favorables do grupos do PsdeG e do BNG. A moción serve para que desde o Concello de Vigo se inste a Xunta de Galicia a dotar nos orzamentos autonómicos recursos suficientes para asegurar a cobertura de todas as persoas dependentes que, de acordo con calendario de aplicación da lei, teñen dereito a receber a súa prestación. Tamén se pide que se pague nos prazos establecidos as prestacións recoñecidas a persoas dependentes, a que o Goberno do Estado dote de recursos suficientes para asegurar as coberturas derivadas da Lei de Dependencia, mantemento dos planos de despregamento do Sistema Galego de Benestar, coa aceleración da apertura de residencias e centros xa construidos, e a colaboración cos concellos mediante o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
No apartado de mocións foi aprobada por unanimidade a do grupo do PP, presentada por José Manuel Figueroa Vila, que solicita a entrega do Regulamento do Orgánico do Pleno do Concello de Vigo, que se fará no mes de xaneiro para o seu estudio polos grupos municipais, según se acordou na enmenda introducida polo grupo de goberno. Por outra parte, o grupo do PP retirou da orde do día a moción sobre libros de texto ao considerar os seus membros que xa se había debatido noutra sesión.
Por unanimidade foi aprobada a moción do grupo do PP que pide que o pleno inste o Ministerio de Xustiza a que a maior brevidade posible sexa posto en funcionamiento en Vigo unha nova unidade xudicial consistente nunha Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra con ubicación na cidade de Vigo. No texto da moción se recoñece que a mesma obedece a que as dúas seccións da Audiencia Provincial de Pontevedra en Vigo atópanse desbordadas de traballo, o cal retrasa a tarefa de dictar sentencias. Nese senso, os retrasos cifránse en un ano e medio según os avogados e procuradores e os propios órganos xudiciais.
Tamén se acordou de instar ao Goberno Municipal a que no mes de xaneiro presente un orzamento destinado a minimizar os efectos de crise na cidade de Vigo, contemplando para iso os recortes de impostos e tasas municipais xa realizadas, así como promover o emprego, o investimento e o gasto social. Ademáis se aprobou a moción que sirve para que se convoque a Comisión Informativa de Control da Contratación cos contidos e a periodicidade que establecerónse no acto de constitución da mesma. Ao contrario foron rexeitadas duas moción máis do PP, unha relacionada coa solicitude de incremento no próximo orzamento do 0,3% en Cooperación Internacional e a outra correspondía a ampliación das frecuencias da liña de autobuses de Vitrasa.