É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másJavier Díaz Arnau será o xerente da Vigo Convention Bureau
O padroado da Fundación Vigo Convention Bureau elixiu hoxe a súa imaxe corporativa e tamén á persoa que desenvolverá o cargo de xerente. O tenente de alcalde e presidente do comité executivo da fundación, Santi Domínguez, anunciou que o xerente será Javier Díaz Arnau e a imaxe elixida é obra de Carlos Santodomingo.
Catorce persoas presentaron o seu currículo para optar ao posto de xerente do Vigo Convention Bureau. Santi Domínguez explicou que finalmente quedaron tres aspirantes e oxe o padroado ratificou a proposta do comité executivo, valorando a experiencia que Javier Díaz Arnau ten no sector do turismo e a organización de eventos. É licenciado en Ciencias Económicas, cun curso superior en Xestión e Dirección de Empresas, e durante cinco anos foi responsable do departamento de turismo da Cámara de Comercio.
O nacionalista indicou que o seu primeiro cometido será presentar no mes de xaneiro o plan estratéxico de actuación da Fundación Vigo Convention Bureau. Sen embargo, adiantou que será unha ferramenta básica no desenvolvemento do Plan de Competitividade Turística.
En canto á imaxe corporativa houbo un total de 23 propostas de diferentes empresas e particulares, das que se seleccionaron cinco e finalmente se elixiu a presentada por Carlos Domínguez. A imaxe xoga coa silueta das Cíes e a “V” de Vigo. O tenente de alcalde indicou que o padroado elixiu esta proposta coa salvedade da posible modificación das cores.
Na xuntanza de hoxe aprobouse tamén o orzamento do ano 2010 que ascenderá a 174.875 euros, dos que case 100.000 corresponden ás aportacións do Concello, Universidade de Vigo, Caixanova, Cámara de Comercio, Confederación de Empresarios de Pontevedra e Ifevi. Santi Domínguez explicou que nos ingresos se contemplan xa as aportación de socios particulares, entre as que figurarán hoteis, axencias de viaxes, restaurantes ou emrpesas de servizos.