Galicia

A Xunta convoca 21 prazas de secretario e interventor de Concello

O Diario Oficial de Galicia publicou onte un decreto da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, aprobado en Consello o pasado mércores, polo que se aproba por vez primeira unha oferta de emprego público de persoal funcionario con habilitación de carácter estatal no ámbito galego –secretarios e interventores de concello-, facendo uso da competencia que o Estatuto Básico do Empregado Público atribúe ás Comunidades Autónomas.

Tendo en conta os postos de traballo vacantes, reservados á escala de funcionarios con habilitación de carácter estatal, subescalas de secretaría e intervención- tesoureiría, que afectan ao exercicio das funcións públicas necesarias nas corporacións locais galegas, a Xunta aprobou unha oferta pública de 21 prazas, que son as seguintes.

* Subescala de secretaría, categoría superior: 4 prazas.
* Subescala de intervención- tesoureiría, categoría superior: 7 prazas.
* Subescala de secretaría, categoría de entrada: 6 prazas, das cales 3 cubriranse polo sistema de promoción interna desde a subescala de secretaría- intervención.
* Subescala de intervención- tesoureiría, categoría de entrada: 4 prazas, das cales 2 cubriranse polo sistema de promoción interna desde a subescala de secretaría- intervención.

A convocatoria das probas selectivas das prazas ofertadas realizarase mediante orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, será publicada no Diario Oficial de Galicia e será obxecto de remisión ao Ministerio de Administracións Públicas para a súa publicación no Boletín Oficial do Estado.

También te puede interesar