O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este luns á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer a planta baixa do antigo edificio Asefal, no paseo de Alfonso, para ubicar un centro de atención integral “referencial” en Galicia.
O rexedor municipal quixo manter a súa primeira entrevista do ano con este colectivo social, que precisan dunha ubicación para establecer un centro de atención tanto a enfermos como a familiares. Na entrevista baralláronse distintas posibilidades a estudar, das que prima o edificio Asefal.
Segundo explicou o alcalde en rolda de prensa posterior, con esta posible ubicación céntrica integraríase ao colectivo na cidade.