No que vai de 2010, a Xunta debería ter investido xa en Vigo 765.282 € e 16 céntimos. Dacordo coas súas previsión para este ano, o goberno autónomo aprobou destinar á cidade 69.832.000 €, ou o que é o mesmo, 191.320 € e 5 céntimos diarios. Este investimentó, segundo os datos facilitados a vigoalminuto pola delegada Lucía Molares, repártiranse do seguinte xeito: Nova depuradora: 6,5 millóns
Situación actual: O Consello da Xunta do 26 de novembro aprobou un gasto de 126,78 millóns de euros para levar a cabo as obras de ampliación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Vigo e o seu emisario. O importe corresponde aos 107,2 millóns de euros que Augas de Galicia achegará ás obras (o 45,04% do custo total do proxecto), e aos 19,5 millóns de euros que a Administración hidráulica de Galicia terá que aboar en concepto de xuros. A proposta da Xunta de Galicia para financiar esta actuación, aceptada polo Ministerio de Medio Ambiente, consiste na execución da obra baixo a modalidade de aboamento total do prezo, cunha especificidade: o pagamento das obras, no que afecta o cofinanciamento da Xunta de Galicia, fraccionarase en quince anualidades. Deste xeito, a Xunta pode diferir o pagamento da súa achega ata o ano 2024, garantindo ao mesmo tempo que a depuradora poderá entrar en servizo nos tempos previstos.
A autorización do gasto polo Consello da Xunta é o paso previo para a aprobación do convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e o Concello de Vigo e para poder poñer así o proxecto en marcha.
Cidade da Xustiza: 15 millóns de euros dentro do Plan de Infraestruturas Xudicias.
Situación actual: A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten o proxecto, a intención e a financiación para comezar canto antes a posta en marcha da Cidade da Xustiza. O único que falta son os terreos. Neste senso, e “despois de que o alcalde da cidade se comprometera a expropiar os terreos, unha vez que o Concello de Vigo teña rematado o proceso expropiatorio, a Xunta de Galicia estará en condicións de iniciar os trámites e licitar as obras para construír o novo edificio xudicial ao día seguinte”.
Gota de Leche: 732.000 euros
Situación actual: O proxecto xa está presentado e listo para iniciarse no ano 2010. O inmoble destinarase a un uso social na liña da Consellería de Traballo e Benestar e, de forma totalmente independente, albergará unha escola infantil con sete unidades que darán cabida a 90 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos entre a planta semisoto e planta baixa. Mentras, na primeira planta, situarase a oficina de apoio ao empregador e centro de formación, un proxecto piloto da Consellería de Traballo e Benestar que busca ser unha ferramenta máis útil para mellorar a intermediación laboral ofrecendo servizos complementarios ás oficinas de emprego. Neste centro, e de forma paralela, o CEAGA compartirá instalacións na primeira planta do inmoble para ubicar o seu proxecto pioneiro de formación que levará a cabo en conxunto co Consorcio do Lean Advancement Iniciative (LAI) do Massachussets Institute of Technology (MIT), ao que pertencen importantes empresas internacionais.
Humanizacións-Infraestruturas viarias Vigo: Avenida Castrelos: 1,5 millóns, Avenida Florida: 2,08 millóns, Convenio co Concello de Vigo para as rúas Manuel Álvarez, Severino Cobas e Escultor Gregorio: 1,5 millónsInvestimentos para vivenda: San Paio de Navia (3º, 4º, 5º e 6º fase): 4 millóns. Construción de vivendas Navia e As Roteas: 9 millóns, solo residencial: 900.000 euros, reparación vivendas Teis: 1,67 millóns Outros investimentos sociais: Construción centro para enfermos dano cerebral: 1,35 millóns, Centro de día Valladares: 527.000 euros, Escola infantil Valladares: 472.000 euros, Centro xuvenil: 350.000 euros, ampliación prazas do Centro de Día de Atención Especializada: 668.000 euros, ampliación prazas para discapacidade:280.000 euros
Outros investimentos Sanidade: Centro Saúde Bouzas: 2,5 millóns, Centro Saúde Navia (en execución).
Víal Vigo-A Ramallosa: 10,5 millóns.
Situación actual: O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas presentou o proxecto cuxas obras poderán iniciarse ao longo do ano 2010. O proxecto de mellora que afecta a estrada Vigo-A Ramallosa (PO-325) estipula a ampliación da sección transversal habilitando unha senda peonil e ancheando as beiravías; a mellora e ordenación das interseccións máis importantes; e por último, a habilitación de aparcadoiros nas zonas de máis demanda. Cómpre indicar que os cambios introducidos con respecto ao proxecto inicial son: anchéanse as beiravías, tal e como solicitaron as asociacións de ciclistas; engádese unha senda peonil, que separa os peóns dos ciclistas, posto que realizan un tipo de circulación diferente e incompatible; axústase a vía o máis posible ao dominio público dispoñible, pero sempre respectando os mínimos de seguridade; e, por último, redúcese a plataforma tipo en 2,5 metros, respecto do primeiro proxecto, polo que se minimizan as afeccións.
Casco Vello: 5,2 millóns
Situación actual: Ata o momento, o Consorcio ten adquiridos un total de 36 edificios que xa se atopan en pleno proceso de recuperación e que supoñen a posta en marcha de 74 vivendas e 24 locais comerciais. Deles, este ano iniciarase a rehabilitación de 21 inmobles cunha superficie total duns 4.100 metros cadrados construídos, que permitirán obter ao redor de 36 vivendas e 10 locais comerciais.
Cuarto hospital: 12 millóns
Situación actual: Cúmprense os prazos dados pola Consellería de Sanidade para que o novo hospital de Vigo este xa en marcha. O DOG publicou o 1 de decembro a resolución pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente de expropiación dos terreos. Seguindo os trámites habituais, púxose a disposición dos cidadáns e enviáronse as notificacións individuais das taxacións ás persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos para que estes poidan formular alegacións no prazo dun mes, unha vez recibida a notificación certificada, que xa saíu da Consellería hai unha semana.
Obras nos centros educativos: 6 millóns
O CEIP Virxe do Rocío, con 2,5 millóns de euros; o novo CEIP Altamar (400.000 euros), ambos os dous en Vigo, súmanse aos investimentos previstos para o CEIP Antonio Palacios en O Porriño (2 millóns) e o CEIP A Rúa, en Cangas (200.000 euros) así coma a inversión de 1,1 millóns para o Centro de Educación Especial Saladino Cortizo de Vigo. As melloras nos comedores do CEIP Pombal e Pintor Laxeiro de Vigo, teñen partidas específicas de 150.000 euros cada un, ademais doutras reformas incluídas en partidas xenéricas de Educación.