Galicia

Os afectados da PLISAN acudiron a un acto da Deputación e foron recibidos polo seu presidente

plisanO presidente da Deputación, Rafael Louzán recibiu onte a un grupo de afectados polas expropiacións da PLISAN. Ao remate dun acto de público cos medallistas olímpicos da provincia , no que os “cobradores do smoking” dos Afectados fixeron acto de presencia , nunha nova intervención reivindicativa diante dun máximo representante do PP en Pontevedra, o presidente recibiu a unha representación dos afectados no Salón de Plenos .

Nunha conversación, que durou media hora, o Presidente manifestou que na súa opinión o Bipartito era responsable da actual situación, por ter tramitado o expediente do convenio sen contar cos preceptivos informe; que se aprobara o convenio sen informes dos servicio xurídicos, e que a Zona Franca de Vigo négase en rotundo a facerse cargo do pagamento da súa parte no monto total da débeda, cifrada en 7.700.000 euros. Engadiu que o novo informe dos Servizos Xurídicos da Xunta ,do pasado mes de Decembro, non permitía o pago a Xunta, quen , dixo, “si está disposta a pagar”.
Agradeceu aos manifestantes que se tiveran comportado con exquisita educación no acto , e eloxiou a súa “elegancia” no vestir.

O Presidente dos Afectados manifestou que para os afectados o acordo aprobado pola Xunta anterior , obriga a nova Xunta ,con o sen informes. A información rebelada polo Presidente Louzán entra en contradicción con outras información das que dispón esta Asociación. Considera Alejandro Rodríguez que , si o rebelado polo Presidente fora certo, o que procede e unha quérella criminal.

Así, diante de estas manifestación do Presidente Louzán , os afectados reclaman dos anteriores representantes do goberno galego que se pronuncien sobre este extremo, por ser de extrema gravidade, considérese dende o punto de vista que se considere.

Á solicitude dos afectados, o presidente Louzán comprometeuse tamén a enviar ao “novo domicilio” dos Afectados, en referencia ao Salón de Plenos do Concello de Salvaterra, onde estes levan 41 días pechados, o informe elaborado polos servizos da Xunta o pasado decembro, tal e como revelou en recente comunicado o IGVS.

 

También te puede interesar