O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistirá o venres á Gala Inaugural da Presidencia Española da Unión Europea do primeiro semestre de 2010, un acto presidido polas SS.MM. Os Reis, quenes ofrecerán posteriormente unha recepción oficial.
O evento, a celebrar no Teatro Real de Madrid, iniciarase coa entrega do testigo da Presidencia Sueca á Presidencia Española da UE, tras o que dará comezo a gala, coa interpretación do himno español pola Unidade de Música da Guardia Real, o desenvolvemento do acto cultural e o peche coa “oda á alegría”, himno da UE, intepretado polo Coro Nacional.