A pesares de que xa estará aberta ao público dende hoxe, o Museo do Mar de Galicia inaugura oficialmente o sábado 16 de xaneiro, cun cóctel que se celebrará ás 22.30 h. no marco das actividades da feria de arte Espazo Atlántico, a exposición De la mer de la mer, do artista portugués Baltazar Torres. Nesta nova mostra faise unha reflexión sobre a sobreexplotación dos recursos do mar e sobre os múltiples desastres ocasionados polo home no medio marítimo, como ocorreu hai poucos anos co caso do petroleiro Prestige nas costas galegas. O artista luso, a través de diferentes pinturas e esculturas, fai unha crítica á irresponsabilidade das diferentes culturas que enchen de basura o mar. Por este motivo, Torres fai un xogo de palabras no título da exposición coa sonoridade en francés da palabra merde, en referencia a esta basura. Outro dos aspectos que critícanse é a exterminación de diferentes especies mariñas. O autor, neste caso, retrata distintos personaxes que amosan dentes de baleas cazadas coma se fosen trofeos en situacións algo cómicas ou ridículas. A masacre de baleas, que o home branco cometeu durante séculos no Atlántico Norte e que hoxe en día continúa facéndose en países coma Xapón, é algo onde, como di o propio Torres, “hai que pór orde”. Ademáis, o artista resalta a importancia do futuro que deixaremos aos nosos fillos, unha realidade que depende do home e da relación que éste manteña co seu entorno. De la mer de la mer, instalada na sala central de acollida do Museo, permanecerá aberta ata o mes de marzo.
- Un artista comprometido
Baltazar Torres, que na actualidade imparte clases de debuxo na Facultade de Belas Artes da Universidade do Oporto e na Escola de Arte da Universidade Católica Portuguesa, comezou a súa traxectoria expositiva a comezos dos noventa, cando realiza a súa primeira mostra en solitario na Galería Módulo do Oporto e Lisboa. A partir do ano 1996 comezou a traballar con pequenos formatos cheos de simbolismo e ironía, primeiro en pintura e posteriormente nas instalacións. É a través da sinxeleza e o minimalismo das súas maquetas onde queda de manifesto o seu compromiso coa sociedade e a súa procura constante dunha humanidade que “parece perdida”. Actualmente son varias as coleccións que contan con obras súas, como a do Centro de Arte Moderna da Fundación Calouste Gulbenkian de Lisboa, o Círculo de Artes Plásticas de Coimbra, o Centro Galego de Arte Contemporáneo –CGAC- de Santiago de Compostela, a Fundación Coca-Cola de España ou a Fundación Salomón de Francia.