Deportes

A selección de Vigo lévase os catro pontos en xogo no Campionato Galego de Minibasket

baloncestoO Campionato Galego de Seleccións Zonais na categorías minibasket, masculina e feminina, celebrou esta fin de semana a segunda das tres concentracións que conforman esta competición.
As vilas de Narón e Ares, onte, e a de Tui, hoxe, presenciaron os encontros desta segunda concentración. Estes partidos, que en conxunto conforman unha liga de todos contra todos a unha soa volta, xogáronse divididos nestas tres poboacións con encontros de seis cuartos de oito minutos detendo o reloxo tan só nos tempos mortos e nos tiros libres.
Deste xeito, nos Pavillóns do Colexio Santiago Apóstol (Narón) e no Municipal de Ares competiron as seleccións das Delegacións da FGB en Santiago, Lugo e Ferrol. Pola súa banda, hoxe en Tui, grazas a colaboración co Concello desta vila e do C.B. Tui, enfrontaranse os combinados vigueses xunto coas seleccións de Ourense, Arousa e A Coruña.

Competición: formato e calendario
O Campionato Galego de Seleccións Zonais de categoría Minibasket dispútase divido en tres concentracións repartidas ao longo da temporada e tras as cales teranse enfrontado entre si todas as Delegacións Zonais da Federación Galega de Baloncesto.

Vigo imponse a Arousa
No primerio encontro disputado esta mañán a selección viguesa deu conta da de Arousa nun partido no que os rapaces vigueses foron moi superiores. Os xogadores de Fidel del Campo, basando o seu baloncesto nunha defensa ordenada e un movemento de balón áxil, impuxéronse por un incontestable 67-37. Marcos Alonso, Alberto Estévez, Pedro Gómez e sobre todo, Juan Albaladejo, máximo encestador do choque, deixaron resolto o mesmo no segundo cuarto cando a diferencia era xa de 20 puntos. 
 
No segundo mach enfrontáronse ao gañador do choque entre A Coruña e Ourense. A victoria dos ourensáns meteunos na final contra Vigo, o partido máis disputado do torneo ao que chegouse con  empate ate os derradeiros segunddos que foi resolto polos vigueses por 62-68.

 

 

 

También te puede interesar