Destacados

Feijóo, abanderado do Xacobeo 2010 en Fitur

O stand usado en anos anteriores.
O stand usado en anos anteriores.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentará aos principais operadores turísticos de Fitur as actividades organizadas con motivo do Xacobeo 2010. Será o próximo venres 22, aproveitando que é o encargado de inaugurar e clausurar os actos principais de Galicia na Feria Internacional de Turismo de Madrid.

No stand de 1.400 metros cadrados cas estéticas máis vangardista e tradicionais, Núñez Feijóo recalcará a importancia dun evento das características do Xacobeo, no que durante doce meses Galicia se converterá no “escenario onde terán lugar algúns dos principais eventos culturais, científicos, sociais e turísticos máis relevantes de todo o país”. Alí os visitantes poderán contemplar o martelo que o Arcebispo de Santiago, Julián Barrio, empregou para derrubar o muro de pedra da Porta Santa o 31 de decembro. Ademais, a Xunta obsequiará aos Reis de España cunha réplica do martelo usado na primeira metade do século XX.

Xunto co espazo adicado ao Xacobeo, Galicia promocionará outros aspectos turísticos, como as súas cidades tanto do interior como da costa, os patrimonios da humanidade, a gastronomía, o turismo de saúde, a náutica e a oferta galega de establecementos turísticos.

O presidente da Xunta tamén participará no V Foro de Liderazgo Turístico de Exceltur o próximo 19 de xaneiro en Madrid, onde participará nun coloquio con Francesc Antich e Paulino Rivero, presidentes de Baleares e Canarias, para falar da súa visión e experiencia sobre o turismo actual e cómo promover os novos modelos de crecemento turístico.

Exceltur, Alianza para a Excelencia Turística, é unha asociación sen ánimo de lucro formada polos presidentes de 26 compañías turísiticas líderes españolas dos subsectores do transporte aéreo, ferroviario e marítimo, hoteleiro, axencias de viaxes, tour operadores, paquetes temáticos, centrais de reservas que se constituiu no 2001 co obxectivo de promover un mellor recoñecemento e percepción socioeconómica da relevancia do turismo, as súas tendencias e os seus efectos multiplicadores sobre a economía sí como de estimular os maiores graos de competitividade para o conxunto do sector. O volumen de negocio conxunto das empresas que conforman Exceltur superou os 27.000 millóns de euros a finais do 2008, con investimentos directos en máis de 40 países de todo o mundo.

También te puede interesar