Cursos gratuitos de batería, baixo, guitarra, djembé, beatbox, teatro, danza oriental e breakdance. Dende o 1 de febreiro ata o 19 de xuño o programa Súbete ao Castro ofrécete estos obradoiros dirixidos a mozos de 14 a 30 anos. Os interesados deberán cubrir a ficha de inscripción antes do 30 de xaneiro, que se pode descargar na web ou recoller nas instalacións do programa en Paseo dos Cedros, ao carón da pista de bicis do Castro.
Terán preferencia os alumnos que non tiveran participado en cursos anteriores, farase por orde de entrega das inscripcións nas instalacións do programa ata cubrir prazas e cada alumno só poderá inscribirse nun curso. Farase unha lista de agarda para ir cubrindo as baixas e as vacantes.
Antes de comezar o curso faráse unha proba de nivel para ubicar aos alumnos en grupos adecuados aos seus coñecementos previos e se comunicará telefónicamente aos alumnos admitidos uns días antes do comezo do curso, así como toda información relativa ós mesmos.