Galicia

Un morto esta fin de semana nas estradas galegas

O 061 tivo que asistir durante a fin de semana a 65 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas, das que unha faleceu no lugar do sinistro. O día con máis actividade foi o domingo, con 22 accidentes, e, por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis movementoo con 23 sinistros.

Máis da metade dos atendidos, o 51 por cento, foron homes, e o 45 por cento das víctimas tiña entre os 20 e os 39 anos. En 55 casos os feridos foron trasladados a centros hospitalarios e en dous ocasións ao centro de saúde, mentres que 7 persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

También te puede interesar