‘Paremos o decretazo contra o galego’. Ese é o lema de pancarta que abriu a manifestación de Santiago contra o decreto do plurilingüismo que tivo lugar onte. Os convocantes cifran o seguimento da folga nun 90%, calificado de ‘éxito histórico’, e a Xunta o baixa ata un 50%. Según os convocantes, había máis de 50.000 persoas, xa que o número de autobuses é moito maior ca manifestación do 18 de outubro. A policía o rebaixou o número a 30.000. Na cabaceira ia o portavoz nacional del BNG, Guillerme Vázquez; o portavoz de Queremos Galego, Fran Rei; e os representantes de varios sindicatos estudiantís. Membros da plataforma ‘Galego, patrimonio da humanidade’ como a ex-conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón e o el secretario do Consello da Cultura Galega, Henrique Monteagudo, estiveron presentes.
A afluencia foi tan masiva que, as 12:25 horas a cabeceira xa estaba na praza do Obradoiro e a cola aínda estaba parada no punto de partida, na Alameda. Foro moitos os que quedaron fora da praza.
Entre as consignas máis repetidas estiveron ‘Aquí está, aquí se ve, a mocidade galega en pé’ i ‘Este decreto ímolo parar’, ademáis houbo pancartas da Mesa pola Normalización Lingüística, Sindicato Labrego Galego, Galiza Nova, CC.OO., UGT, STEG e os Comités de estudantes.
Aplataforma “Queremos Galego” e as centrais sindicais son os que convocaron a folga xeral no ensino e a mobilización. Nos colexios houbo servicios mínimos. Feijóo semella quedarse só: non o apoian os sindicatos, as asociacións de estudantes, anpas, as 3 universidades galegas, a Favec… Para eles é un atentado para o galego, pero para Galicia Bilingüe, por exemplo, non cumple as súas espectativas. De feito, onte entregaron á Xunta un borrador con 10 enmendas á ley. Sen embargo, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, fai un balance positivo da súa aceptación.
Como colofón, cantouse o himno galego.
Dende o Comité, o sindicato estudantil maioritario, fíxose un chamamento ao estudantado galego, segundo eles, “o principal prexudicado á hora de instaurar o proxecto lingüístico nas aulas”, para unirse á manifestación deste xoves. O responsable dos Comités en Vigo, Iago Varela, salientou a necesidade de promover e fomentar a presenza do galego no ensino e non permitir a súa redución. “O estudantado non vai ficar calado ante o ataque que a Xunta está a levar a cabo contra o galego” declarou Varela. As actividades previas á folga levadas a cabo polo sindicato estudantil céntranse na repartición de folletos polo campus de Vigo e centros de ensino da cidade, ao tempo que realizan unha tarefa informativa a través da campaña Na defensa do galego, nin un paso atrás!, que a organización leva difundindo dende outubro, aproveitando esta ocasión para darlle un pulo a súa mensaxe de permanencia do galego nas aulas. Segundo Varela, “queremos explicarlle ao estudantado a situación na que nos atopamos”. Dende os Comités confían na efectividade do seu chamamento e esperan unha gran participación na concentración por parte do estudantado. Pola súa banda, a plataforma Queremos Galego porá á disposición dos usuarios interesados en acudir á cita unha flota de autobuses que partirán dende diversos puntos da xeografía galega.
Redución da porcentaxe de galego no ámbito educativo
Segundo os datos proporcionados dende os Comités, coa posta en marcha do decreto reduciríase o uso do galego nas aulas dun 50% a un 30%, ademais de eliminar a obriga de que o alumnado, con carácter xeral, deba utilizar o galego nas materias que se impartan nesta lingua, facendo imposible a adquisición das competencias en lingua galega por parte dos estudantes castelanfalantes.
Esta redución tamén afecta á educación infantil, na que se elimina a obriga do 50% de presenza do galego nos contornos castelán falantes, “polo que na práctica o galego desaparecerá destas aulas” salientou Varela. Mentres, en Primaria o galego deixaría de ser o idioma de docencia de materias como Coñecemento do Medio ou Matemáticas, o que tamén ocorrería na ESO, engadindo Ciencias Sociais. Finalmente, no Bacharelato e na FP a proposta remite a tempos anteriores á Lei de Normalización Lingüística, segundo indica a organización estudantil. “A situación é bastante preocupante pola alarmante perda de galegofalantes e o decreto proposto pola Xunta non fai máis que agudizar esta situación” afirmou o representante dos Comités.
Por outra banda, dende o sindicato estudiantil salientan a dificultade de integrar o trilingüismo nas aulas ante a falta de capacitación do profesorado, polo que non comparten que o inglés desprace á lingua galega, tal e como argumentou o seu representante. “Cada unha das linguas empregaríase por igual, nun 33%. Con esta porcentaxe o galego perde considerablemente a súa presenza ao tempo que é unha cantidade moi elevada para o inglés cando os docentes non teñen ese nivel”.
Fonte Comités: DUVI