Cultura

Frequency amosa a danza xaponesa butoh no Ensalle

 

Cartel de Frequency
Cartel de Frequency

Teatro Ensalle presenta por primeira vez na cidade olívica a Juschka Weigel. A alemana mostrará a súa particular visión do butoh, estilo xaponés de danza.

Os días 23 (22:00h.) e 24 (21:00h.), o público de Teatro Ensalle poderá disfrutar de frequency-I da compañía de Juschka Weigel e Miguel Muñoz, InThisSection. A coreógrafa realizará os espectáculos tras impartir un curso na sala coa colaboración da ESAD.

Juschka Weigel comezou os seus estudos de danza en Zúrich e os rematou en Berlín. Ao finalizar recibiu unha beca de 6 meses na Merce Cunningham School en Nueva York e de alí se dirixiu á Academy of Arts en Solo (Indonesia). De regreso a Alemaña co-fundou a compañía de danza Verwandlungsamt baixo a direción do maestro de Butoh Anzu Furukawa.

Simultáneamente comezou a estudar o método de movemento Dharma Body Work (DBW). Tras investigar a sinerxia entre a danza, o butoh e o body work, creou coreografías individuais e colectivas de gran éxito e acollida en escenarios, cine e producións multimedia. En 2004 Juschka Weigel e Miguel Muñoz fundan a compañía InThisSection. Juschka tamén traballou con diversos coreógrafos en Alemaña, Bélxica, España, Austria e Suecia. InThisSection xira por Europa e Sudamérica cos seus espectáculos, e a corógrafa-intérprete mestura a presentación das pezas coa organización de obradoiros e workshops internacionais.

También te puede interesar