É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másPara que non nos esquenzamos da Área Metropolitana
A Federación Veciñal “Eduardo Chao” acaba tramitar por rexistro ante a Xunta de Galicia unha suxestión para que se retome o proceso de creación da área metropolitana de Vigo, que parece ter caído no olvido. A federación recordoulle á Xunta que o 27 de xuño de 2008 presentouse no Parlamento galego unha Proposición de Lei de iniciativa lexislativa popular para a creación e regulación da Área Metropolitana de Vigo.
Con 3.000 pregos de sinatura selados, as previsión víronse desbordadas: 5 de novembro de 2008 presentábanse ante a Xunta Electoral as 15.242 sinaturas certificadas pola Oficina do Censo Electoral de Pontevedra necesarias para elevar a iniciativa da área metropolitana ante o Parlamento de Galicia.
O documento presentado no Parlamento “grazas ao multitudinario apoio cidadán e das forzas vivas da cidade” é un documento xa consensuado inicialmente na Declaración de Soutomaior por 14 Concellos da área metropolitana de Vigo que tamén recolle as posteriores aportacións e enmendas presentadas por todos os partidos políticos. “E urxe se retome este proxecto tan importante para potenciar a cidade de Vigo e a súa área en materia de infraestruturas, transporte, servizos…, unha área metropolitana que tras un impulso inicial cando botou a andar o novo goberno da Xunta pareceu esquencer”, recordan.