Galicia

Entrega de premios “por ser un alumno excelente”

En total, foron premiados 32 alumnos.
En total, foron premiados 32 alumnos.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de resolver a convocatoria dos premios extraordinarios de fin de carreira en Galicia. Dos 149 estudantes que presentaron a solicitude beneficiáronse 62, que remataron os estudos superiores no curso 2008/2009, entre os que se repartiron 217.000 euros.

En total, foron premiados 34 alumnos e alumnas da Universidade de Santiago de Compostela, 15 de A Coruña, e 13 de Vigo. O traballo de cada un deles estivo recoñecido cun diploma acreditativo, co que se valora sa súa excelencia académica e cun premio económico de 3.500 euros. A cifra de beneficiados aumentou en oito respecto do ano pasado grazas a un remanente de outros recoñecementos económicos. O que demostra o interese da Consellería por recoñecer á excelencia académica obtida a través do traballo e do esforzo do alumnado.

As bolsas foron solicitadas antes de outubro por alumnos matriculados nas universidades galegas en estudos de grao, licenciados, enxeñeiros, arquitectos, diplomados, mestres, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos. A obtención destes premios son compatibles con outros recoñecementos ou axudas. A comisión avaliadora dos candidatos, integrada por un representante da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, un membro do equipo de goberno de cada unha das universidades galegas, e o xefe do servizo de Apoio e Orientación aos Estudantes Universitaria da Consellería, resolveron os nomes dos 62 alumnos e alumnas galardoados co premio fin de carreira.

Entre os candidatos foron rexeitados 40 estudantes da USC, 22 da UDC e 25 da UVI debido a que nas súas candidaturas ou ben faltaba documentación, ou esta non se axustaba as bases esixidas ou non alcanzaban a nota de corte mínima.

También te puede interesar