Mañá tes unha oportunidade ideal para ver ‘Fargo’ ou para intercambiar libros mentres os nenos están entretidos. Farase intercambio de libros: as persoas traen o seu libro favorito para intercambialo con outra persoa. Será no salón de actos do Colexio Público do Carballal (Cabral), ás 20:00 horas.
Nestas actividades, proxectaranse películas de calidade que non é habitual velas nos circuítos comerciais. O remate do filme farase un coloquio sobre a mesma acompañado dun café, e no tempo que duren as actividades de intercambio de libros e proxección, haberá un taller de xogos para nenos as atendido por persoal da Asociación Cultural o Coto, a organizadora.
Fargo é unha excelente película dos irmás Coen, chea de ironía, humor negro e cunha excelente interpretación dos seus actores principais.
FICHA TÉCNICA
Película: Fargo
Director: Joel Coen
Pais: Estados Unidos
Ano: 1996
Sinopse: Un home de carácter introvertido e tímido casado coa filla dun millonario que lle mantén totalmente aloxado da súa fortuna, decide contratar a dous delincuentes para que secuestren a súa esposa e así co seu rescate poder montar seu propio negocio.
Pero no transcurso do rapto, tres persoas inocentes resultan brutalmente asasinadas, sendo o comezo dunha serie de mortes sen sentido que terá que resolver a policía.
Palmarés: Oscar mellor actriz (Frances McDormand) e mellor guión orixinal e premio a mellor dirección no Festival de Cine de Cannes.
Ao día seguinte, ás 18:00 h. terá lugar tamén no Colexio Carballal, a resentación da obra Infinitas Posibilidades por parte do grupo de teatro Lareira, obra dirixida por Carlos Ballesteros.
O espectáculo que presentarán está composto por seis pezas teatrais coas que se pretende mostrar ó público as diferentes situacións que poden acontecer na vida cotián entre homes e mulleres, homes e homes, etc.; iso sí, tratados desde o respeto, pero con muito humor. As cinco primeiras son autoría de José Luis Alonso de Santos e a última de Paco Mir.