Vigo al minuto

Comisións advirte que no novo hospital serán privados dende a cociña á gardería

 

maqueta4A executiva comarcal de Sanidade de Comisións Obreras (CCOO) asegura nunha nota de prensa que o xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) confirmou aos seus representantes que os servizos de lavandería cociña e mantementó do novo hospital terán carácter privado. Segundo os sindicalistas, o xerente non foi quen de negar se a “privatización” abraguirá tamén o aparcadoiro e a gardería, a eles poderían sumarse a vixiancia, lencería, cafetería, catering, comunicacións e o servizo de habitacións.

O sindicato denuncia que tampouco houbo resposta ás preguntas sobre o recorte de número de camas asistenciais e metros cadrados, polo cal CCOO denuncia que os custos do novo hospital debido aos intereses económicos correspondentes a pagar en 20 ou 30 anos, multiplicaránse por 5 ou 7, según os anos de financiación. Estes intereses, asegura o responsable de sanidade, como pasa en Madrid ou Valencia, pagaránse ano a ano con partidas que sairán do gasto corrente, polo que sen dúbida sufriremos recortes de plantilla nestes colectivos e resentirase a calidade asistencia e asegura que, non existindo ofertas de emprego público, desaparecerán as listas de contratación nestas categorías.

También te puede interesar