O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, convoca o Consello Social da cidade de Vigo, que se reunirá o vindeiro xoves 28 de xaneiro ás 19.00 horas, na sala da Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo para debater sobre o proceso de fusión das Caixas de Aforro de Galicia.Así o difundiu o rexidor mediante nota de prensa aos medios.
Nunha reunión extraordinaria, os membros do Consello Social analizarán o proceso de fusión das caixas e valorarán a aprobación dunha moción ao respecto.