Chirimía, vinchas, requinta, lapeta, palleta, dolio, xipro, cantagalos, ferreñas… Estos son só algúns dos 144 instrumentos musicais tradicionais galegos que o doctor en Ciencias da Universidade de Santiago Pablo Carpinteiro ten catalogado nun libro, titulado ‘Os instrumentos musicais na tradición galega‘, que presentou hoxe en Compostela e que supuxeron 16 anos de traballo e investigación.
Carpinteiro realizou un extenso traballo de campo por toda Galicia e polo norte de Portugal, extendéndose a áreas de lingua e cultura galegas como o Bierzo, Portelas de Zamora ou San Martín de Trevejo en Cáceres. En total 144 instrumentos que se tocaban principalmente no século pasado, aínda que algúns aínda poden escoitarse por Galicia.