Deportes Vigo al minuto

Os mellores xinetes competirán na Copa do Mundo de Hípica en Vigo do 12 ao 14 de febreiro

Presentación da Copa do Mundo de Hípica.
Presentación da Copa do Mundo de Hípica.

O recinto feiral de Vigo acollerá por noveno ano consecutivo a Copa do Mundo Hípica, que se celebrará entre o 12 e o 14 de febreiro. Na presentación da Rolex FEI World Cup Jumping, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou que se trata dunha proba xa “incardinada na estrutura da cidade” que por unha banda promociona a cidade e por outra potencia o deporte de base. 

Só unha cidade por país pode ser sede da Copa do Mundo. Santi Domínguez lembrou a orixe da celebración en Vigo da Copa do Mundo de Hípica, cando no 2002 unha delegación se trasladou a Goteborg “porque creíamos que Vigo non podía ser menos que outras cidades de Europa e do mundo”.

Na súa intervención, a  vicepresidenta do comité organizador, Rosario Andrade, explicou que nesta edición participarán 40 xinetes, entre os que se atopan os dez máis importantes do mundo, como o francés Kevin Staut, a australiana Edwina Alexander, ou os españois Raffi Lathan e Pilar Cordón. De xeito paralelo ao espectáculo deportivo terán lugar tamén actividades como os poni games ou o Gran National de ponis.

También te puede interesar