Cultura

‘La evolución y la literatura’ en el Museo do Mar

Charles Darwin
Charles Darwin

O doutor en Bioloxía e profesor da Universidade de Almería, Eduardo Gallego Arjona, será o encargado de pechar  hoxe, ás 20.00 h., no Museo do Mar de Galicia, o ciclo de conferencias Darwin – navegando no Beagle coa charla La evolución y la literatura.

A publicación en 1859 do libro Sobre a orixe das especies, escrito por Charles Darwin, provocou unha revolución na forma de entender a Natureza e, en consecuencia, tamén nas expresións artísticas. En literatura, distintos escritores deixáronse influenciar polas múltiples interpretacións que xurdiron trala publicación do naturista inglés, plasmando nos seus escritos os seus prexuízos e ideas. Nesta charla, Gallego Arjona profundizará nestas interpretacións e fará especial fincapé na literatura de ciencia ficción, un xénero que, como él mesmo resalta, “é propicio para especular coas teorías científicas”.

Da Bioloxía á ciencia ficción Eduardo Galego Arjona, nacido en Cartaxena en 1962, é actualmente profesor titular da universidade almeriense no departamento de Bioloxía Vexetal e Ecoloxía. Desenvolve ademáis unha importante tarefa de divulgación científica, coa elaboración dunha páxina web dedicada ó Fascinante mundo dos hongos e colaborando na organización das Xornadas Micolóxicas Almerienses. Dentro da ciencia ficción, toda a súa obra foi escrita en colaboración con Guillem Sánchez arredor dun Universo Corporativo creado entre ambos .

También te puede interesar