¿Eres un defensor acérrimo da túa cidade? ¿Gústache alardear dela diante dos amigos que viven fóra? Pois agora tes unha oportunidade para facelo, iso si, desde Bélxica. A Cámara de Comercio de Vigo convoca unha bolsa de turismo para Bruselas de 9 meses de duración, desde mediados de febreiro ata mediados de novembro de 2010.
Os interesados poden remitir ata o 5 de febreiro a carta de solicitude, o seu currículo e a fotocopia do DNI ao departamento de turismo da Cámara viguesa e deberá pasar unha proba tipo test sobre turismo e unha proba escrita de francés a modo de selección. Requírese ser españ0l menor de 30 anos, ter unha diplomatura en turismo ou unha titulación universitaria superior, coñecementos de turismo en Galicia, de informática a nivel usuario e dominar o francés.