Deportes Vigo al minuto

Benvida a Miguel Romero, campión de España de iudo

Romero xunto a Muza e Alonso.
Romero xunto a Muzas e Alonso.

O Concello de Vigo quixo dar a benvida e a noraboa ao iudoka vigués Miguel Romero, campión de España de menos de 73 kilos deste deporte. En recoñecemento ao seu esforzo e traballo, o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, entregouse un exemplar do libro ‘Vigo cidade das ondas’ durante unha recepción na que tamén participou o presidente da Federación Galega de Iudo, Mario Muzas.

Alonso animou ao deportista vigués a ‘pelexar pola posibilidade’ de estar nos vindeiros Xogos Olímpicos de Londres 2012, algo para o que Romero traballará arreo aínda que o ten difícil, xa que precisa colocarse entre os oito primeiros de Europa.

También te puede interesar