O tenente de alcalde, Santi Domínguez, considera que coa decisión adoptada polo Consello de Ministros de recurrir a Lei de Caixas aprobada polo Parlamento galego “consumouse o maior agravio feito a Vigo e a Galiza nos últimos anos”. Diante desde feito, o nacionalista instou ao presidente da Xunta a recorrir o FROB, tal e como se aprobou no pleno da corporación viguesa de onte, para impedir que finalmente Galiza se quede sen poder financiero e Caixanova acabe uníndose a caixas foráneas.
“É incomprensible que o Goberno do estado impida que Caixanova continúe sóa e que ao mesmo tempo impida que o Parlamento galego lexisle sobre o noso marco financiero. É un desprezo a Vigo e a Galiza”, afirmou. O nacionalista salientou que non é a Lei de Caixas galega, nin o BNG, os que impiden que Caixanova continúe soa, senon o Goberno do PSOE ao esixir que as caixas teñen que ter un mínimo de 50.000 millóns de euros en activos.
Santi Domínguez afirmou que o alcalde de Vigo “está permitindo e sendo cómplice de que unha vez máis o Goberno do estado discrimine a Vigo e a Galiza”, xa que recurre a Lei galega, pero non as doutros territorios como Cataluña, Euskadi ou Andalucía que son similares. “Estase medindo con distinto raseiro, dependendo dos intereses políticos que o PSOE ten en cada territorio”, asegurou, ao tempo que instou ao Estado a que respecte o autogoberno galego e as decisión dos órganos lexitamente elixidos polo pobo galego.
A este respecto dixo que moito se está a falar de defender a Vigo, pero “realmente defender a Vigo e a Galiza é deixar que teñamos capacidade de decidir sobre o noso futuro financiero, e a nós non se nos está permitindo”. O nacionalista lamentou que o alcalde “se plegue aos intereses do seu partido” para que Vigo e Galiza non poidan ter un sistema financiero propio e ao servizo dos seus intereses.
Santi Domínguez lembrou que representantes da maioría política do Parlamento galego, dos empresarios e dos tres sindicatos asinaron un documento no que expresan a súa vontade a prol da fusión. Santi Domínguez considera que este acordo é unha manifestación clara de que, como calquera outra Comunidade Autónoma, Galiza ten dereito a decidir sobre o seu mapa financiero.
O tenente de alcalde criticou que se poñan atrancos a Galiza, mentras se obriga a que Caixanova busque alianzas fóra, porque se lle impide a súa continuidade en solitario. Neste sentido, afirmou que o alcalde non di a verdade, cando asegura que poderá seguir soa. “Hoxe mesmo podemos ver en todos os medios de comunicación como se está xa negociando un SIP con Caja Cantabria, Cajastur, Caja Murcia e Caja Sa Nostra. É a proba evidente de que Caixanova non pode continuar soa”, afirmou.
Santi Domínguez entende que a decisión adoptada polo Consello de Ministros pon en serio risco o poder financiero de Galiza. O recurso impedirá que as caixas galegas podan chegar en prazo para solicitar axudas ao FROB e iso supón inexorablemente que terán que buscar alianzas fóra. Por iso o tenente de alcalde pide ao presidente da Xunta que adopte as medidas precisas para impedilo. Concremente reclamou a Núñez Feijóo que recurra o FROB, tal e como se acordou no pleno da corporación viguesa a proposta do BNG e co apoio do grupo municipal do Partido Popular