Galicia Vigo al minuto

A Xunta, disposta a cambiar a Lei de Caixas pero o Goberno xa interpuso o recurso

A fusión uniría a Caixanova e Caixa Galicia.
A fusión uniría a Caixanova e Caixa Galicia.

O Estadofixo efectivo o recurso contra a Lei de Caixas Galega. O recurso, interposto pola Abogacía Xeral do Estado, consta de 56 páxinas nas que o Goberno expón as razóns polas que considera que varios preceptos da norma galega colisionan coa estatal. A Xunta, según as últimas declaracións, estaba disposta a negociar con Madrid algúns dos 10 preceptos que o Consello de Estado considerou inconstitucionais, aínda que sen renunciar a competencias como a autorización de Galicia á participación dalgunha das caixas galegas nun sistema institucional de protección.

Nembargantes, desde o Goberno autonómico eran conscientes de o camiño que  explicado desde o Goberno central non incluían conversacións ou negociacións previas ao recurso de inconstitucionalidade a pesar de que a Lei de Caixas ten “unha redacción igual á de outras comunidades autónomas”. Para evitar isto, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, requiriulle por carta a Manuel Chaves, vicepresidente terceiro do Goberno, fixar para esta mesma semana o inicio do diálogo co Executivo galego para aclarar as discrepancias sobre a Lei de caixas e facilitar a pronta retirada do recurso, que sería presentado sen “sequera escoitar previamente á Xunta”.

Na misiva, Feijóo lémbralle a Chaves que a semana pasada lle transmitiu por teléfono a “vontade expresa da Xunta de abrir canto antes unha vía de diálogo ao obxecto de explicarlle ao Goberno todas cantas dúbidas lle puideran xurdir en torno a esa Lei”. Ademais, apunta que esa oferta foi reiterada polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza na xuntanza da Comisión Bilateral de Cooperación celebrada en Madrid o pasado día 2 de febreiro.

Mentras, para os responsables estatais, tal e como fixeron efectivo hoxe, as conversas comezarán despois do recurso de inconstitucionalidade que pediría a suspensión cautelar da lei. Pola súa parte, esta tarde Vigo sairá á rúa (20 h) convocado polo alcalde, Abel Caballero, nunha manifestación antifusión na que o rexidor deixa moi clara a súa postura ante a Lei de Caixas, un punto de vista que non comparten nin PP nin o BNG, o seu compañeiro de goberno.

También te puede interesar