¿Gústanche os cómics? ¿Esbozas persoaxes de cando en cando? Pois agora tes a oportunidade de aprender da man dunha das mellores ilustradoras de banda deseñada e docente, María Vilar. A Biblioteca de Chapela organiza un obradoiro o vindeiro xoves 18 de febreriro (18:30 horas) de duás horas de duración para mozos de entre 9 e 15 anos.
Durante a primeira media hora asistirase ao nacemento dun cómic a través dunha idea orixinal. Aprenderase como é a preparación dun guión, como se fai e que deberá ter para que os lectores queiran mercalo. Ademais, aprenderase a crear personaxes e facer os seus deseños. Para rematar esta primeira parte farase o storyboard, é dicir, os bocexos previos das páxinas a elaborar por cada un dos participantes.
Na seguinte media hora daranse as pautas para debuxar o guión que se preparou previamente. Logo, pintarase con pinceis ou calquera rotulador. E, finalmente, darase cor manualmente e farase unha pequena demostración de cor por ordenador, para que os asistentes poidan ver cal é a diferenza con esta aplicación e cales son as vantaxes da nova tecnoloxía.
A finalidade desta clase é a elaboración propia dunha tira cómica ou páxina de banda deseñada por parte de cada un dos participantes.