O Meco de Redondela xa preside o balcón principal do Concello. O vindeiro martes, a Gripe A arderá na fogueira como acto final da celebración do Entroido 2010. Ainda que a festa comezará moito antes: a programación do Entroido arrancará o sábado 13 ás 17.00 horas con animación de rúa, karaoke e obradoiros de disfraces, globoflexia, caracterización e maquillaxe a cargo da Asociación Cultural Xoeira na Praza da Constitución.
O domingo 14, a partir das 17 horas, haberá concentración no campo da feira das 12 comparsas que desfilarán posteriormente polas rúas da vila. As comparsas participantes este ano son: “Tío Emilio” e “Camp” de Chapela, ambas fora de concurso; “Fillos da auga, fillos do lume”, de Matamá; “As Marchosas” de Arcade; “A comparsa de Beirán”; “Diablada de Bolivia”; “Rías Baixas”; “Bate no cobre”, de Matamá; “Terra de Condes”, de Cedeira; “FCC”, “La Cumparsita” e “O Gran Circo de Saxamonde”. Ao finalizar o desfile dará comezo unha gran verbena na praza do concello amenizada polo grupo Isla.
Xa o martes, a partir das 17.00 horas, desfile de disfraces individuais, parellas e grupos polas rúas Alfonso XII e Ribeira, que ao igual que o domingo permanecerán pechadas ao tráfico dende ás 16.30 horas. E a partir das 18.00 horas verbena na Praza da Constitución amenizada polo Grupo Costa Blanca. As 20.00 horas dará comezo o espectáculo da Queima do Meco co desfile de comelumes e zancudos e a xa tradicional tirada de fogos artificiais.